Desta vez, tocounos facer un collage no que tiñamos que tratar de describirnos. É unha tarefa algo difícil, pero creo que conseguín representar varias cousas, tanto psicolóxicas coma físicas, esenciais en min.
Todo o collage está feito dacordo un estilo un tanto vintage, como se pode ver na muller, a ancla ou a rosa dos ventos, ademáis de nas cores. Outra clave da obra é o xogo coas diferentes texturas.
A muller, de estilo pin up, dacordo co estilo do resto da composición, de cor branca, representa a neutralidade. O seu bañador está feito con recortes de xornal, con palabras ás que lle dou importancia, tanto positiva como negativamente. Físicamente, represéntanme os labios vermellos.
Na parte de abaixo do cadro, hai un planeta, que ten unha rosa representando o meu libro favorito
Le petit prince, de Antoine de Saint-Exupéry; sobre un fondo de tea con plegues. Esta combinación reprensenta a capacidade que teño ás veces de establecerme estable dentro do caos, aínda que polo xeral dura pouco tempo.
Na parte esquerda hai unhas mans translúcidas, que simbolizan a xente, que me gusta estar rodeada dela, falar, sociabilizar... ademáis, as diferentes cores crean diversidade nelas.
Na parte de arriba do cadro, coloquei unha ancla e unha rosa dos ventos, como símbolo do meu gusto polo mar e a importancia que lle dou, polas sensacións que me transmite segundo o estado de ánimo que eu teña. O mar é algo esencial para min.
E, por último, da esquina superior esquerda colga un cacho de atrapasoños, simbolizando todo o mundo dos soños e da imaxinación, e, caendo cerca da cabeza da muller, o soñar cos ollos abertos.