Boas!
Desta volta na que estivemos traballando sobre tipografías e as súas características, e sobre todo ca Helvética, tocounos aplicar estes coñecmentos no noso entorno.
O noso cometido era facer unha caza de tipografías a carteis e analizar posteriormente o seu deseño. Aquí están as miñas capturas de Boiro.
Tenda de coches e taller de customizaxe.
O cartaz está feito cunha letra ancha, en branco e contorno marcado en negro, de maneira que ao velo impáctache.
Creo que está correctamente utilizado este recurso no ámbito deste comercio.
Nome dun edificio.
Neste caso, atopámonos en fronte ao portal dun edificio, onde, na parte superior se atopa o seu nome no cristal.
Na miña opinión, ademáis de que non me gusta nada esto nos portais dos edificios, a tipografía está mal utilizada. A palabra edificio está feita cunha tipografía ancha, en negriña, na que só se marcan os contornos deixando os dintornos transparentes. E na parte de abaixo cámbiase a tipografía totalmente e só consta de dintorno en branco.
Para o nome deste edificio deberíase ter escollido unha soa topografía, máis formal, e utlizala cos mesmo parámetros tanto na palabra edifcio como no nome deste.
Neste caso, atopámonos diante da tipografía pertencente a unha tenda de roupa.
A tipografía non é tal corrente como calquera outra, o que está moi ben utilizado neste caso, porque ao vela, acórdaste da tenda.
Amarras é unha marca de roupa que utiliza como logo un cabo e como tipografía, unha moi corrente e simple, utilizando solo minúsculas.
Neste caso, a tipografía está ben escollida, porque é unha marca dirixida a xente xoven, a cal dende pequena naceu con este tipo de tipografías mecanografiadas e sinxelas. Ademáis, esa falta de maiúsculas que antes mencionei, està tamén xustificafa polo público xuvenil.
Neste cartaz temos as tipografías correspondentes a dúas marcas de roupa americanas, as cales levan fabricando roupa dende hai moitas décadas.
Ambas tipografías son bastante especiales, sinxelas pero con rasgos diferenciadores, ben escollidos porque así, a tipografía acábase convertindo na marca. É dicir, que cando a ves recordas a marca comercial automáticamente
Esta seguinte tipografía digamos que é un pouco máis caseira que o resto. Trátase dun froitería na que o nome está escrito de maneira irregular, como a man alzada e no que cada letra se atopa dentro dunha fruta.
Este estilo dá sensación de cercanía da tenda a todo o que entre, mais paréceme pouco seria, debería ser máis regular. E, as letras dentro das froitas, na miña opinión, sobra: menos é máis.
Nesta imaxe temos o cartaz dunha tenda de golosinas.
A súa tipografía consta dun contorno moi ancho, e cun dintorno en distina cor.
Pese a que de primeiras pensemos que esa tipografía non deberñia estar nun cartaz, realmente adécuase ao lugar, porque da unha sensación infantil e de contraste rechamante.
Neste caso, o cartaz trátase do de unha panadería.
Consta dunha tipografía bastante formal, que da aspecto de seriedade. Pero, o i que aparece no nome, cámbiase por unha espiga de millo, simbolizando o nome da tenda e, ambos pola súa relación coa fabricación do pan.
NA miña opinión, creo que ese detalle está ben escollido. Non resta formalidade ó logo, pero aporta un pouco de familiaridade.
Este cartaz pertence a unha tenda recente de roupa xuvenil de muller.
A súa tipografía, con raasgos de rapidez e caligrafía manual, adáptase a este público,
Ademáis, volvemos a observar un rasgo mencionado antes na tipografía de Amarras: a ausencia de maiúsculas.
Neste último caso, preséntase a placa dunha rúa.
Aquí a tipografía é totalmente estándar, e non busca transmitir ningunha mensaxe como se podía dar nalgunha das outras, é unha visión totalmente obxectiva.