Co meu deseño representei a unha muller sentada enriba dunha mesa, cunha manta por enriba, imaxinándome que se acababa de levantar, despois de pasar toda a noite lendo, sen durmir, e que, xa co amencer fuma un cigarro, pero segue inmersa no libro, ausente, polo que aparece a pata do dinosaurio.
Toda a composición está realizada con cores planas, excepto o fondo. E, o verde da pata do dinosaurio tan contrastado e sobre todo, con ese contorno en negro é para dar máis enfase da fantasía creada polo libro antes citado.
"Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí. Fin."
Augusto Monterroso

No hay comentarios:
Publicar un comentario