sábado, 21 de marzo de 2015

Prototipo de envase dunha lámpada


Boas de novo!
 Aquí veño cun novo proxecto, desta vez, un prototipo para o envase dunha lámpada. 
Escollín unha forma hexagonal para a estructura, que protexerá a lápada e ademáis é facil de almacenar con outras, para aforrar espazo no transporte.
A marca chmáse Luzes de bohemia, por dous motivos: a novela de Valle-Inclán, co mesmo título e por unha clase de crista, cristal de bohemia, co que se fabrican numerosos utensilios domésticos.
Neste emvase empreguei os colores primario do sistema aditivo (RGB) como fondo para cada cara. Integrei o debuxo dunha lámpada de tubo de baixo consumo nas tres caras dianteiras, como mostra do producto interior. 
Na cara principal, aparece a información básica da lámpada (categoría, tipo de luz e consumo). A mesma información aparece tamén na tapa superior.
Nas caras posteriores aparece toda a información necesaria para o consumidor como o consumo, a velocidade de acendido, a categoría enerxética, a forma de desbotalo cando xa non funcione e a etiquetaxe de reciclaxe.






Resultado final:













Re-deseño prototipo de envase

Un dos traballos que tiñamos que facer era un prototipo de envase para un producto calquera. 
Eu fixera xa un para Té Negro de Assam, pero como non me acabou de convencer, decidín redeseñalo, e aquí está.
Desta vez, a cousa cambia un pouco. Seguín conservando o logo, a marca e o debuxo da flor do té da tapa. Pola contra, en vez de simbolizar á India cun mapa -lugar de procedencia do té- decidín a silueta dun elefante cuxo dintorno está recheo de flores de distintas cores, que recordan ós estampados das teas da India. 
O detalle da cenefa de estampado Paisley que puxera no primeiro deseño, substituino nesta por unha banda negra con flores, que no caso de ser unha colección de distintos tés, iría cambiando de cor segundo a variedade de té (vermello, verde...).
Para finalizar, o último cambio que realicei foi incluír unha ranura troquelada na cara frontal, para poder ir sacando as bolsiñas do té a través dela, a modo de dispensador.









Resultado final:

















domingo, 15 de marzo de 2015

Análise dunha páxina web

Hoxe en día, na era de Internet e as novas tecnoloxías é cada vez máis habitual utilizar páxinas web ou redes sociais para chegar á xente máis rápido e con máis eficacia; independentemente do tipo de compañía ou agrupación que sexa: unha tenda de roupa, de electrodomésticos, un xornal, unha asociación política, unha asociación artística ou unha plataforma de defensa dos dereitos dos animais, a cal vou analizar nesta entrada.

Todos, ao ver unha páxina web nos levamos unha primeira impresión -xa sexa boa ou mala- debido ás cores, fotos e estética que a páxina ten; despois desto, cando comezamos a navegar por ela o ideal é que nos sexa fácil e rápido acceder aos contidos, máis non sempre é así. Todo isto  -os acertos e os erros- depende do traballo dun deseñador web, que estructura e deseña a páxina.

Nesta ocasión, vou avaliar e dar a miña opinión sobre a plantaforma No a la violencia. Trátase dunha web pertencente á Asociación Animalista Vox Ánima,  na que se queren dar a coñecer campañas activistas en contra da violencia, especialmente en defensa dos animais.

A accesibilidade da páxina paréceme óptima, dende os buscadores cos que probei (Google Chrome e Internet Explorer), e ta,én desde o smartphone. excepto cando está coa pantalla en horizontal, xa que se perden os menús de accesibilidade. Ademáis, no caso do smartphone, nas animación que teñen as fotos e o texto de cabeceira para entrar en pantalla redúcese moito a velocidade e resulta molesto.



Internet explorer 



Google Chrome



Navegador do smartphone (pantalla vertical)



Navegador do smartphone (pantalla horizontal)




Á parte disto, podes cambiar o idioma, o que me parece un detalle importante para a proxección da páxina a outros países, e poder adquirir público de todas as partes do mundo.

Unha vez dentro da páxina, atopamos os distintos menús ou seccións da web arriba á dereita, ben á vista, que axuda moito a ubicarse na web, xa que é unha das primeiras cousas que ves ao entrar.
Algo que si cambiaría sería ao entrar no menú de Noticias, a forma na que están enlazadas as redes sociais pertencentes á páxina. Dado que moitos dos usuarios son personas que tamén teñen redes sociais, penso que sería máis vistoso e accesible poñer o emoticono propio da rede que o enlace, tal e como aparece.


Na páxina de información, aparece tamén un enlace como os anteriores para contacto cos webmasters. Iso tamén o cambiaría e poñería algún tipo de símbolo co enlace incrustado. Non me parece nada vistoso nin cómodo nunha web destas características.

O resto de navegabilidade da páxina resúltame moi cómodo e sinxelo.


Por outra bada, no plano estético, paréceme que de entrada, as imaxes de portada son demasiado agresivas á vista, bastante duras para a xente sensible.

O texto da portada paréceme excesivamente grande, e xunto coas animacións, pode chegar a dar sensación de mareo. Pola contra, o resto de animacións da páxina -as imaxes que apareces cando descendes na páxina e o zoom que estas fan cando pasas o rato por enriba- gústanme, dánlle dinamismo á páxina. 
Ao seguir baixando, na parte de "Descargas" e de "Testimonios" creo que o texto volve a ser excesivamente grande, e, a franxa de "Testimonios" pese a ser similar á primeira que se ve na páxina, non da tanta sensación de agobio, eu creo que debido a que as imaxes son moito máis tranquilas e estáticas. Polo tanto, esa parte conservaríaa.

Respecto ás cores, creo que son as correctas: branco, vermello e negro. Contrastan entre elas e dan a sensación de agresividade, Ademáis, simbolizan os valores que se defenden: o negro como representación dos animais, neste caso o toro, e o vermello como sangue e violencia. 
O logotipo, tamén bastante acertado, e no que se recollen estas cores utilizadas durante toda páxina, debería estar arriba de todo e non abaixo, onde está colocado. Xa que funciona ben e é fácil de recordar, polo que axudaría a identificar a quen leva a páxina nada máis entrar nela. En cambio, quen non acabe de baixar pola web non chegará a velo.

Hai unha única tipografía que se extende por toda a páxina, variando só que está en negrita e maiúsculas nos títulos. Tamén, hai unha tendencia a poñer unha banda detrás dos textos, que non está mal pero, paréceme que se abusa un pouco dela. 

O uso de maiúsculas e negrita comentado anteriormente, xunto cos cambios de cores, fai diferenciar as distintas partes da web, a modo de frames. 

En xeral, a páxina gústame, paréceme funcional, e, realmente só lle faría pequenas modificacións, as cales xa fun comentando. 
Espero que a miña opinión e as miñas críticas sirvan de axuda para a mellora da web. 





jueves, 12 de marzo de 2015

Logotipo Olimpiadas


Neste logotipo das olimpiadas para Madrid 2014, escollín unha parte do parque do Retiro de Madrid, o monumento a Alfonso XII, e simplifiqueino en rectángulos. No centro, oned vai a escultura ao rei, puxen a antorcha olímpica. Utilizando nestas dúas cousas todas as cores características das Olimpiadas.





(Resubida)

domingo, 8 de marzo de 2015

Prototipo de envase

O último traballo que se nos propuxo foi crear un prototipo de envase, é dicir, un packaging físico.
Eu escollín deseñar un paquete de té negro indio, facendo un trucho da marca comercial Hornimans, e tentando saírme dos envases de infusións que atopamos no andel do supermercado.

Esta é a plantailla qu erealicei para facer a caixa.
Case toda as caras do envase levan serigrafiadas, de maneira suave, un debuxo esquematizado e simple dunha planta de té.
Na parte frontal, atopamos o logo da marca e o nome do producto, estilo vintage. De debaixo saen uns talos que se prolongan ata a parte superior, onde forman outro debuxo máis marcado -pero co mesmo enfoque sinxelo que o resto- unha planta de té negro coa súa flor. Complementando esta parte, volve a aparecer o logotipo da marca.
No medio da parte frontal, atopamos un mapa da India, recheo de textura e na parte máis baixa do envase, unha cenefa cun estampado paisley, típico e representativo do país.
Estes dous detalles están feitos a modo de representación do país de procedencia do té, coa idea de facer unha serie de tés de distintos lugares, nos que o envase cambiase no mapa, a cenefa, a planta da solapa de arriba e o marco no que ven o nome do producto (mantendoo en un estilo retro e na liña deste) E, desta maneira, facer unha serie de productos coleccionables, que chamen a atención do consumidor.


Deseño de envase

Boa de novo!

Desta volta traio un proxecto de envase dun producto, tamén denominado packaging. No cal, o que se pretende é darlle un aspecto chamativo ao producto para que, desta forma, chame a atención do consumidor.

Neste caso, eu realicei un embalaxe  para o papel fotográfico que utilizan as cámaras tipo Polaroid.

O deseño pretende ser un pouco minimalista, utilizando unha caixa totalmente branca, lisa e un pouco brillante, semellándose á textura do papel fotográfico. O branco do fondo contrasta coa parte superior negra, onde se encontra o nome do producto e de onde saen unhas liña de cor, que representan á marca xa que son as cores do seu logotipo e, polo xeral, aparece representada en todos os seus productos con liñas de cores similares a estas.
Utilicei tamén unha tipografía moi sinxela, a cal se utiliza moito últimente  xóvenes, sobre todo que están relacionados co mundo da ilustración ou fotografía, e que utilizan este tipo de cámaras instantáneas e lomográficas. Esto mesturado co constraste das cores fai que o producto esté actualizado e desta maneira chame a atención da xente xoven, os maiores consumidores do producto.


Para a presentación do proxecto, utilicei un mock-up, e, despois de varaios modelos distintos, este é o definitivo:




Logotipo

Boas de novo!
Nesta segunda avaliación, estivemos argallando no deseño gráfico comercial, como logotipos ou envases.

Este traballo tratábase de crear un logotipo para unha feira, a modalidade de artes do Bacharelato ou unha bebida que axudase a estudiar. Eu decanteime pola feira.
Comecei deseñando o logotipo para feiras gastronómicas e comercios de comida ecolóxica, pero os resultados non me gustaron, asique cambiei totalmente o enfoque e pasei a facer algo totalmente distinto.
Escollín deseñar o logotipo para unha feira de arte, máis ben, unha mostra artística en Compostela -totalmente ficticia- na que se dá oportunidade de mostrar as súas obras a xóvenes que aínda se están formando.

O deseño consiste nunha forma circular e asimétrica, tentando unha certa semellanza cun selo. E, os tres triángulos superiores representan a fachada da Catedral de Santiago de Compostela, lugar no cal se realiza a mostra e, que é símbolo de Galicia e dálle unidade aos estudantes, procedentes de calquera parte da comunidade.








Cartaz ficticio do encontro artístico: