Nesta segunda avaliación, estivemos argallando no deseño gráfico comercial, como logotipos ou envases.
Este traballo tratábase de crear un logotipo para unha feira, a modalidade de artes do Bacharelato ou unha bebida que axudase a estudiar. Eu decanteime pola feira.
Comecei deseñando o logotipo para feiras gastronómicas e comercios de comida ecolóxica, pero os resultados non me gustaron, asique cambiei totalmente o enfoque e pasei a facer algo totalmente distinto.
Escollín deseñar o logotipo para unha feira de arte, máis ben, unha mostra artística en Compostela -totalmente ficticia- na que se dá oportunidade de mostrar as súas obras a xóvenes que aínda se están formando.
O deseño consiste nunha forma circular e asimétrica, tentando unha certa semellanza cun selo. E, os tres triángulos superiores representan a fachada da Catedral de Santiago de Compostela, lugar no cal se realiza a mostra e, que é símbolo de Galicia e dálle unidade aos estudantes, procedentes de calquera parte da comunidade.
Cartaz ficticio do encontro artístico:



No hay comentarios:
Publicar un comentario