domingo, 15 de marzo de 2015

Análise dunha páxina web

Hoxe en día, na era de Internet e as novas tecnoloxías é cada vez máis habitual utilizar páxinas web ou redes sociais para chegar á xente máis rápido e con máis eficacia; independentemente do tipo de compañía ou agrupación que sexa: unha tenda de roupa, de electrodomésticos, un xornal, unha asociación política, unha asociación artística ou unha plataforma de defensa dos dereitos dos animais, a cal vou analizar nesta entrada.

Todos, ao ver unha páxina web nos levamos unha primeira impresión -xa sexa boa ou mala- debido ás cores, fotos e estética que a páxina ten; despois desto, cando comezamos a navegar por ela o ideal é que nos sexa fácil e rápido acceder aos contidos, máis non sempre é así. Todo isto  -os acertos e os erros- depende do traballo dun deseñador web, que estructura e deseña a páxina.

Nesta ocasión, vou avaliar e dar a miña opinión sobre a plantaforma No a la violencia. Trátase dunha web pertencente á Asociación Animalista Vox Ánima,  na que se queren dar a coñecer campañas activistas en contra da violencia, especialmente en defensa dos animais.

A accesibilidade da páxina paréceme óptima, dende os buscadores cos que probei (Google Chrome e Internet Explorer), e ta,én desde o smartphone. excepto cando está coa pantalla en horizontal, xa que se perden os menús de accesibilidade. Ademáis, no caso do smartphone, nas animación que teñen as fotos e o texto de cabeceira para entrar en pantalla redúcese moito a velocidade e resulta molesto.



Internet explorer 



Google Chrome



Navegador do smartphone (pantalla vertical)



Navegador do smartphone (pantalla horizontal)




Á parte disto, podes cambiar o idioma, o que me parece un detalle importante para a proxección da páxina a outros países, e poder adquirir público de todas as partes do mundo.

Unha vez dentro da páxina, atopamos os distintos menús ou seccións da web arriba á dereita, ben á vista, que axuda moito a ubicarse na web, xa que é unha das primeiras cousas que ves ao entrar.
Algo que si cambiaría sería ao entrar no menú de Noticias, a forma na que están enlazadas as redes sociais pertencentes á páxina. Dado que moitos dos usuarios son personas que tamén teñen redes sociais, penso que sería máis vistoso e accesible poñer o emoticono propio da rede que o enlace, tal e como aparece.


Na páxina de información, aparece tamén un enlace como os anteriores para contacto cos webmasters. Iso tamén o cambiaría e poñería algún tipo de símbolo co enlace incrustado. Non me parece nada vistoso nin cómodo nunha web destas características.

O resto de navegabilidade da páxina resúltame moi cómodo e sinxelo.


Por outra bada, no plano estético, paréceme que de entrada, as imaxes de portada son demasiado agresivas á vista, bastante duras para a xente sensible.

O texto da portada paréceme excesivamente grande, e xunto coas animacións, pode chegar a dar sensación de mareo. Pola contra, o resto de animacións da páxina -as imaxes que apareces cando descendes na páxina e o zoom que estas fan cando pasas o rato por enriba- gústanme, dánlle dinamismo á páxina. 
Ao seguir baixando, na parte de "Descargas" e de "Testimonios" creo que o texto volve a ser excesivamente grande, e, a franxa de "Testimonios" pese a ser similar á primeira que se ve na páxina, non da tanta sensación de agobio, eu creo que debido a que as imaxes son moito máis tranquilas e estáticas. Polo tanto, esa parte conservaríaa.

Respecto ás cores, creo que son as correctas: branco, vermello e negro. Contrastan entre elas e dan a sensación de agresividade, Ademáis, simbolizan os valores que se defenden: o negro como representación dos animais, neste caso o toro, e o vermello como sangue e violencia. 
O logotipo, tamén bastante acertado, e no que se recollen estas cores utilizadas durante toda páxina, debería estar arriba de todo e non abaixo, onde está colocado. Xa que funciona ben e é fácil de recordar, polo que axudaría a identificar a quen leva a páxina nada máis entrar nela. En cambio, quen non acabe de baixar pola web non chegará a velo.

Hai unha única tipografía que se extende por toda a páxina, variando só que está en negrita e maiúsculas nos títulos. Tamén, hai unha tendencia a poñer unha banda detrás dos textos, que non está mal pero, paréceme que se abusa un pouco dela. 

O uso de maiúsculas e negrita comentado anteriormente, xunto cos cambios de cores, fai diferenciar as distintas partes da web, a modo de frames. 

En xeral, a páxina gústame, paréceme funcional, e, realmente só lle faría pequenas modificacións, as cales xa fun comentando. 
Espero que a miña opinión e as miñas críticas sirvan de axuda para a mellora da web. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario